
Máis triste é pasar por aquel río
en non atopar o desexo feito realidade.
Moito máis triste é buscalo
pra o final deixalo por imposible.
¡Qué triste é o fracaso!,
o fracaso dunha ilusión.
Non voltarei a ese río,
polo menos deiquí a un ano;
xa sei que o desexado
háse voltar desesperado.
¡Qué desexado fracaso!,
o fracaso dunha ilusión.
Ónde estará ese río do olvido perdido,
ónde estará, ónde. ¡Que me leve a pena!
Endexamáis atoparei a flor
que saiu do seu capuio e non voltou.
¿Qué flor do fracaso?,
o fracaso dunha ilusión.
Quero reterme no peito
a ledicia da esperanza.
Quero, quero, desexo,
amo, ámote apaixoadamente.
¡Pero qué apaixoadamente te amo!
O amor é unha ilusión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario