17 xuño 2009

-I Feira Mondeliure-

O vindeiro 28 de xuño terá lugar na Praza da Calzada a I Feira Mondeliure.

Os horarios das diferentes actividades son os seguintes:

12.00h darán comezo o mercadomulticultural, os obradoiros para nen@s e unha mostra fotográfica solidaria d@s alumn@s do proxecto http://www.nosomundo.com/

12.30h concerto e pasarrúas dun grupo de percusión africana.

14.30h xantar benéfico couscous (cuscús para os que non sabemos idiomas) con polo e verduras a 5 euros.

17.30h charla Inmigración-integración, intervirán Samba Diallo (inmigrante senegalés),Chispón (educador social e artista) e moderará Gabriel Tizón (fotógrafo).

Durante toda a tarde haberá na Praza da Calzada actividades para @s nen@s.

19.00h concerto do grupo eumés Infussión na Praza da Calzada.
20.00h concerto de Los Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers e La Pegatina na Sala Coliseo. A entrada será de 6 euros.

O diñeiro que se recade irá destinado o proxecto http://www.nosomundo.com/ e á compra de tea para a confeción de mosquiteiras para a prevención da malaria en Guinea Bissau.